adorno
» web oficial concello de Rábade
imagen cabecera
 
adorno
cuadritos Concello
cuadritos Servizos Sociais
cuadritos Emprego
cuadritos Rábade e ti
cuadritos Turismo
cuadritos Historia, Escudo e    Bandeira
cuadritos Cómo chegar
cuadritos Festas e Feiras
cuadritos Galerías de Fotos
cuadritos Cultura e Deporte
cuadritos Voluntariado e Xuventude
cuadritos Actualidade
cuadritos Debate e Opinión
cuadritos Enlaces
 
No hay enquisa activa
 
cuadritos    Debate    cuadritos
PROPUESTAS PARA ARREGLAR EL PUEBLO
» Bueno, como en este foro de debate dicen que la ciudadanía no colaboramos en los temas relacionados con la seguridad, limpieza, urbanibilidad y desarrollo del pueblo, pienso que es importante abrir un debate para dar ideas de las posibles mejoras del pueblo. A colaborar! Para que después no digan que la culpa es del pueblo que no colabora! A ver si el alcalde lee todas nuestras propuestas y nos hace caso de una vez...
 
RSS
 
cuadrito RÁBADE E TI - Turismo · Historia, Escudo e Bandeira  
Idade moderna (s. XVI–XVIII)
Durante o século XVIII construíuse o Camiño Real que uniría A Coruña con Madrid. Entra en Galicia por Pedrafita, pasando por Rábade e chegando finalmente ó Porto da Coruña.
Durante estes séculos Rábade era unha freguesía que se integraba na xurisdición de Outeiro de Rei, que pertencía ó señorío da Casa de Lemos e que se incluía no partido chamado de Entrambas Augas, todo no marco da provincia de Lugo. Unha das sete provincias nas que se estruturaba o chamado Reino de Galicia.

Desta época consérvase abundante documentación. Entre ela destacan numerosos expedientes xudiciais tramitados diante da Real Audiencia polos veciños da xurisidición de Outeiro de Rei que buscaban nesa institución as garantías xudiciais que non lles ofrecían os xuíces señoriais.

Durante esta etapa os habitantes de Rábade eran maioritariamente traballadores do campo (xornaleiros ou colonos), do que obtiñan os medios para subsistir e pagarlle-las súas rendas á Casa de Lemos, á Igrexa e á coroa, completando en ocasións os seus ingresos con outros oficios como mesoeiro, arrieiro ou artesán.

Naquela época a paisaxe de Rábade estaba distribuída en agras de centeo, hortas, monte e liñares no río. Os seus veciños establecían as relacións sociais no marco da tradicional parroquia, na que se canalizaban os aspectos derivados non só da vida material, senón tamén da espiritual (importancia das confrarías).

A chegada do ferrocarril no século XIX transformará xa para sempre o sistema de vida dos habitantes desta parroquia, ancorada nos usos e costumes máis tradicionais da época.

Época contemporánea (s. XIX)
O século XIX foi o século do ferrocarril para Rábade.
En 1875 inaugurouse o tramo Lugo–A Coruña con estación de parada en Rábade, incluído na liña Palencia–A Coruña que construíu a Compañía do Noroeste.

Politicamente este século abriuse para Rábade, como para o resto de España, cun episodio bélico, a Guerra da Independencia contra os franceses.
Rábade, estratexicamente situado no camiño que se dirixe cara á Coruña, viuse afectado polo paso das tropas napoleónicas dos mariscais Ney e Soult na súa persecución do exército do xeneral Moore que se retiraba cara ó porto da Coruña, onde se desenvolvería a Batalla de Elviña.

<< AnteriorSeguinte >>
22
21
20
19
18
23
 
Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org
concello de rabade
adorno