adorno
» web oficial concello de Rábade
imagen cabecera
 
adorno
cuadritos Concello
cuadritos Servizos Sociais
cuadritos SS. Atención Primaria
cuadritos Programas Básicos
cuadritos Programas Específicos
cuadritos Áreas de Actuación
cuadritos Emprego
cuadritos Rábade e ti
cuadritos Actualidade
cuadritos Debate e Opinión
cuadritos Enlaces
 
No hay enquisa activa
 
cuadritos    Debate    cuadritos
¿Quén debera de organiza-las Festas?
» Considero interesante, máis que facer queixas neste apartado, que me parece totalmente inoportuno, abrir un debate sobre si e mellor que as festas se organicen dende o Concello, por unha comisión de festas, ou por calquera outro medio
 
RSS
 
cuadrito SERVIZOS SOCIAIS · SS Atención Primaria  

Os servizos sociais de atención primaria, enmarcados xuridicamente pola Lei galega de servizos sociais, e pola Lei de bases de réxime local, son o nivel máis próximo ó usuario e constitúen a canle normal de acceso a este e outros sistemas de protección.

Están dirixidos á poboación en xeral. Teñen por obxectivo un nivel de protección social que sexa capaz de garanti-la integración de tódolos seus membros no sistema de igualdade do que gozamos.

A súa actividade diríxese a tódolos sectores da poboación, facendo, quizais, un especial fincapé na terceira idade por ser este un grupo cun gran peso numérico dentro do Padrón de Habitantes, representa o 32,7% do total da poboación deste Concello.

PERSOAL

O departamento conta cos servizos dunha traballadora social de luns a venres, en horario de atención ó público de 9:00 a 14:00 horas. Así mesmo, o programa de axuda a domicilio dispón dunha auxiliar, de luns a venres, en  xornada completa.

OBXECTIVO XERAL

Acercar a tódalas persoas deste Concello os servizos sociais e as súas prestacións básicas, así como tódolos programas e actividades específicos que se teñan deseñado.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS


Dar cobertura en materia de servizos sociais a todas aquelas necesidades individuais, familiares ou de colectivos que xurdan abordándoas dunha forma integral.

Promove-la dinamización sociocultural, especialmente das persoas maiores con programas dirixidos especificamente a eles.

En definitiva, dende este departamento traballamos por mellora-la calidade de vida das persoas, por abrir unha conciencia de igualdade, solidariedade e participación cidadá de cara a unha convivencia máis integradora e máis xusta na pluralidade que nos enriquece.

22
21
20
19
18
23
 
Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org
concello de rabade
adorno