» Bueno, como en este foro de debate dicen que la ciudadanía no colaboramos en los temas relacionados con la seguridad, limpieza, urbanibilidad y desarrollo del pueblo, pienso que es importante abrir un debate para dar ideas de las posibles mejoras del pueblo.
A colaborar! Para que después no digan que la culpa es del pueblo que no colabora! A ver si el alcalde lee todas nuestras propuestas y nos hace caso de una vez...
ACTUALIDADE - Novas
VII MEMORIAL DE ATLETISMO "EDUARDO FERNÁNDEZ"(12/01/2010)
RÁBADE - 24 DE XANEIRO DE 2010 - 11:30 HORAS
VII MEMORIAL
EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN
Naceu no 1936. Iniciouse no atletismo coa carreira de cross.
Faleceu o 7 de maio de 2003 na súa vila natal de Rábade.
Toda a súa carreira deportiva, estivo vinculada ó San Fernando de Lugo. Foi un dos
fundadores da Sociedade Atlética Rabadense.
En 1957.Campión provincial na categoría rural.
Campión provincial absoluto de campo a través, nos anos 1962, 1964 e 1965 en Lugo.
En 1967. Vencedor novamente do provincial de cross, e do trofeo “José Antonio Elola”
na vila de Rábade
En 1959. O “ I Campionato de España de Segunda Categoría” celebrado en Madrid, nas
pistas da cidade universitaria, o atleta de Rábade, deu ó deporte lucense unha gran alegría ó
reflectir un crono de 9 mi 37 sg nos 3000 metros obstáculos, sendo en aquel ano 1959, a quinta mellor marca nacional absoluta do ano.
No Campionato Nacional de Clubs de Segunda Categoría, celebrados en Madrid, os días 1
e 2 de setembro de 1962, triunfou por equipos o San Fernando de Lugo.
Gran xesta de Eduardo Fernández, onde gañou os 3000 metros obstáculos, e foi segundo
nos 10.000 metros lisos.
Sorprendente, por inesperada, foi a victoria do San Fernando de Lugo ascendendo a 1ª
división.
REGULAMENTO
Art. 1.- A saída será no Campo da Feira ás 11:30 h para os rapaces e as 12:00 h para a
categoría absoluta e a chegada situarase na Praza de España (categoría absoluta).
Art. 2.- O percorrido será de 5 Quilómetros e discorrerá a través das seguintes rúas: Campo da Feira, Músico Crisanto, Bautista Núñez Varela, Polígono, Cantalarrana, Avenida Galicia, Rosalía de Castro, Rúa do Ferrocarril, Breogán, Avda. Galicia, Doutor Fleming, Praza de España, Alcalde Angel Penas, Lope de Vega, Miguel de Cervantes, Jesús Arias,
Santa María, Gabriela Nieto e Praza de España.
Art. 3.- A clasificación será absoluta masculina, absoluta feminina e por categorías.
Art. 4.- Está prohibido o uso de vehículos de axuda.
Art. 5.-O participante que ó longo do percorrido cometa algunha irregularidade ou chegue á
meta sen o seu dorsal será descalificado.
Art. 6.- As inscricións da categoría de rapaces formalizaranse a partir do 5 de xaneiro , de 10 a 14 horas no Concello, teléfono: 982 390 062, fax: 982 390 411 ou en asociocultural@rabade.org, e pecharase media hora antes da carreira. As inscricións para a categoría adulta realizaranse a partir do 13 de xaneiro e ata o venres 22 de xaneiro na páxina web: www.championchipnorte.com.
Art. 7.- Na proba absoluta será obligatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado pola organización excepto para os propietarios do chip amarelo que poden utiliza-lo seu.
Art. 8.- Establécense as seguintes categorías:
CARREIRAS DE RAPACES:
CATEGORÍA A: 2005-2004-2003-2002 (Primeira carreira). 500 metros
CATEGORÍA B: 98-99-2000-2001 (Segunda carreira).1000 metros
CATEGORÍA C: 94-95-96-97 ( Terceira carreira).2000 metros
HOMES MULLERES
D) Nados entre 1975/ 1993 D) Nadas entre 1975/ 1993
E) Nados entre 1965/ 1974 E) Nadas entre 1965/ 1974
F) Nados no 1964 e anteriores F) Nadas no 1964 e anteriores
Art. 9.- PREMIOS.
CLASIFICACIÓN ABSOLUTA MASCULINA CLASIFICACIÓN ABSOLUTA FEMININA
1....................................400 € 1 ...................................... 400 €
2....................................250 € 2 ...................................... 250 €
3....................................150 € 3 ...................................... 150 €
4....................................100 € 4 ...................................... 100 €
5....................................100 € 5 ...................................... 100 €
CLASIFICACIÓN CARREIRAS DE RAPACES
VALE de 100 € para o primeir@ de cada categoría a canxear en Deportes Élide (Lugo)
Trofeo @s tres primeir@s clasificad@s de cada categoría
Haberá un agasallo para tódolos participantes
Art. 10.- Dado o carácter popular da proba non se admitirán reclamacións
Art. 11.-Haberá servizo de duchas para @s participantes que o desexen no Pavillón Municipal.
Art. 12.- A entrega de premios e trofeos realizarase ó remate da carreira.
Art. 13.- A comisión organizadora non se fai responsable dos danos morais ou materiais que así mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou cousas, sen perxuicio dos dereitos que lles puideran corresponder ante a compañía aseguradora correspondente.
Art. 14.- Tódolos participantes, polo feito de toma-la saída, aceptan o presente regulamento. No caso de dúbida prevalecerá sempre o criterio da organización.