» Bueno, como en este foro de debate dicen que la ciudadanía no colaboramos en los temas relacionados con la seguridad, limpieza, urbanibilidad y desarrollo del pueblo, pienso que es importante abrir un debate para dar ideas de las posibles mejoras del pueblo.
A colaborar! Para que después no digan que la culpa es del pueblo que no colabora! A ver si el alcalde lee todas nuestras propuestas y nos hace caso de una vez...
ACTUALIDADE - Novas
¿QUERES DEIXAR DE FUMAR?(11/01/2010)
Deixar de fumar é difícil pero non imposible. Moita xente tomou a firme decisión de abandonalo tabaco con éxito, pero para elo son necesarios: compromiso e constancia.
Se decides deixar de depender do tabaco este é o teu momento. O Servizo de Prevención de Drogodependencias dos Concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Rábade e a AECC de Lugo, convócante para o Curso de Deshabituación Tabáquica no que terás a profesionais do ámbito o teu servizo para axudarte no proceso de forma gratuíta.
Recorda: o apoio profesional á hora de deixar de fumar multiplica por 10 as probabilidades de conseguilo, ¡aproveita o teu momento!
Vantaxes de deixar de fumar
1. Disminuirás o risco de padecer enfermidades: cardiovaculares, pulmonares e cancerosas.
2. Recuperarás o sentido do gusto e do olfato.
3. Aumentarás a axilidade física e a capacidade respiratoria
4. A pel recuperará a cor saudable de antes e a elasticidade reducindo así as enrrugas
5. O cabelo fortalecerase e recuperará o seu brillo
6. Reducirás as manchas nos dentes e eliminarás a halitosis.
7. O tabaco é unha adicción cara, se o deixas poderás aforrar.
8. Non envelenarás co teu fume ás persoas do teu redor.
9. Serás un modelo educativo a seguir polos máis pequenos e non un modelo fumador.
As razóns para continuar fumando ou deixar de fumar pólas ti, pero recorda que o tabaco é a primeira causa evitable de enfermidade grave e/ou morte. Normalmente, cando se está a fumar tan só se pensa en que “eu son libre para facer co meu corpo o que me apeteza”, sen embargo as persoas especialmente os nenos e nenas ¿non deberan ter dereito tamén a posuír esta liberdade?. Os nenos e nenas sometidos a este fume ambiental presentan unha maior incidencia en infeccións das vías respiratorias, otite, sinusite, bronquite, neumonías... son os fillos e fillas de pais e nais fumadores.
¿Necesitas máis razóns...?
APÚNTATE DO 2 Ó 15 DE XANEIRO EN prevenciondrogas@rabade.org
OU NOS SEGUINTES TELÉFONOS EN HORARIO DE 9:00 A 14:00H.
• CONCELLO DE BEGONTE: 982.396.143
• CONCELLO DE OUTEIRO DE REI: 982.393.281
• CONCELLO DE RÁBADE: 982.390.062