CURSO DE SAXO (03/12/2009)
CURSODESAXOFÓN
Rábade
7, 8, 9 e 10 de xaneiro (2010)
MARCOS MARIÑO VÁZQUEZ
Nace en Monterroso, iniciando a súa afición musical ós 8 anos na Banda desa localidade baixo a dirección de Manuel Gato. Dous anos mais tarde ingresa no Conservatorio Profesional de Lalín baixo a tutela de Marcel van Bree, e posteriormente, de J. Carlos Mazás. Neste conservatorio realiza diferentes cursos de saxofón con Narciso Pillo e Andrés Gómix e, de Análise, con Jorge Villarrolla e Teodosio Ramírez. Ós 14 anos entra como becario na Banda de Música Municipal de Lugo, na que obtén praza de funcionario (saxofón solista) ós 20 anos. Remata os estudios de Grao Medio en Lalín obtendo as máximas calificacións e, con 21 anos, accede ó Conservatorio Superior de A Coruña, onde recibe clases de Narciso Pillo nas disciplinas de saxofón e música de cámara. Durante os cuatro anos que cursa o grao superior realiza un curso de dirección co profesor Jan Cober, e un curso de perfeccionamiento co profesor de saxofón Antoni Cotanda. Remata os estudios superiores en 2005 coas máximas calificacións, obtendo tamén matrícula de honra no concerto fin de carreira. Dende 2001, é membro do cuarteto de saxofóns Samisax, formación xestada no aula do profesor Narciso Pillo. Dende o mesmo ano, actúa como dúo de saxofóns xunto a Alejandro Cimadevila. En 2006 entra a formar parte do Cuarteto de Saxofóns de A Coruña, co que editou recentemente un CD.É, dende 2007, profesor titular de saxofón do Conservatorio Profesional de Música de Vigo. Na actualidade, exerce a docencia no Conservatorio Profesional de Pontevedra e colabora con agrupacións instrumentais como a Banda Sinfónica da Federación Galega, Banda Sinfónica Municipal de A Coruña, Banda Sinfónica de Galicia, Banda Sinfónica Municipal de Lalín e a Orquestra Sinfónica de Galicia. Xunto a Gabriel López, integra o dúo de saxofón e piano Brillance, co que realizan concertos por toda Galicia.
HORARIO: 30 horas
Xoves 7, Venres 8 e Sábado 9 09:30 - 13:30 16:00-19:30
Domingo 10 09:30 - 13:30 CONXUNTO 19:30 AUDICIÓN
IMPORTE DA MATRICULA
Ata o 18 de decembro 60 €
Despois do 18 de decembro 70 €
Alumnos oíntes 15 €
Membros ou músicos colaboradores da Escola Municipal de Música de Rábade:
Ata o 18 de decembro 50 €
Despois do 18 de decembro 60 €
Alumnos oíntes 10 €
DATA LÍMITE DE INSCRICIÓN: luns 28 de decembro (ou a data en que se cumpran os 15 primeiros ingresos, máximo de alumnos).
NOTA: a organización resérvase o dereito a facer cambios na programación do curso.
INSCRICIÓN: solicita-la ficha de inscrición e enviar ou entregar persoalmente, xunto coa fotocopia do xustificante do ingreso, na área de cultura do Concello de Rábade.
ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA
PRAZA 28 DE MAIO, S/N C.P.27370-RÁBADE
Tel: 982 39 00 62 (9:00 - 14:00 h.)
Nº de Conta CAIXA GALICIA (CCC):
2091 – 0102 - 62 - 3040013311
(A. X. BUGALLO)
INFORCIÓN DE ALOXAMENTO
Pensión Coruña
Av. Coruña, 88 C.P. 27370 Rábade - Lugo
Telef. 982 39 04 08 / 659 44 07 27
Prezo aloxamento e almorzo - hab. Individual: 20 €/día
Prezo aloxamento e almorzo - hab. Doble : 15 €/día
|