PREMIOS Á ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS (03/12/2009)
FALLO DO IV PREMIO GALEGO Á ELIMINACIÓN DE BARREIRAS ARQUITECTÓNICAS
“MANUEL IGNACIO PALLÍN”
O vindeiro xoves día 3 de decembro terá lugar no Salón de Actos da Facultade de Xornalismo da Universidade de Santiago de Compostela a entrega do IV Premio Galego á Eliminación de Barreiras Arquitectónicas “Manuel Ignacio Piñeiro”.
Este premio está destinado a premia-la laboura de persoas e institucións que destaquen nas súas actuacións a prol de eliminar todo tipo de limitacións que teñen que sufri-las persoas con algunha minusvalía.
O premio consta de dúas categorías, unha dirixida a aqueles organismos públicos e institucións que destaquen na eliminación de barreiras arquitectónicas que redunden en beneficio de tódalas persoas que sofren algunha minusvalía; e outra dirixida a aquela persoa que pola súa laboura a prol destes colectivos destaque na sua axuda. O premio consistirá en unha escultura feita polo artista galego “Luciano Couselo” e será unha replica da súa obra-monumento, sito en Rábade, en memoria de Joanne Capdevielle e un diploma.
O xurado estivo composto polo alcalde de Rábade, Francisco Xosé Fernández Montes, o Presidente da Fundación Amigos de Galicia, D. Xesús Busto Peteiro, o presidente de VIGALICIA José Antonio Novoa Romay , Dona Marita Iglesias, gañadora do premio do ano 2007 e Aquilino González, Delegado de Barreras Arquitectónicas de Auxilia Lugo.
Os premiados son: Dna. Victoria González Vázquez e O Servizo de Participación e Integración Universitaria da Vicerreitoría da Comunidade Universitaria e Compromiso Social da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Este premio está organizado pola Fundación Amigos de Galicia en colaboración co Concello de Rábade.
|