ESCOLAS DE NAIS E PAIS (30/10/2009)
ESCOLA DE NAIS E PAIS
Algunha vez te sentiches perdid@ como nai ou pai cando...
· Os teus fillos falan do tuenty, do messenger, do facebook?
· Non hai unha receita que solucione esas rabietas incomprensibles dos rapaces?
· Fan unha pregunta sobre sexualidade e non sabes que contestar? Que deberan saber á súa idade?
· Din cousas ou teñen comportamentos que viron nas series da televisión impropias da súa idade?
· Daste conta de que xa é pre-adolescente e... como será o cambio ó instituto? Como falarlle dos “perigos”, dos cambios e das posibilidades sen que se poña á defensiva?
· Sabes que existe o botellón pero... sería o meu fillo capaz... aínda é moi pequeño?
Pois non estás só, somos moitos os que cremos que educar é a tarefa máis difícil da vida, por iso invitámoste a unhas xornadas dirixidas a familias como a túa, onde intentaremos aprender a resolver problemas da vida cotiá, así como a comprender os cambios que os fillos experimentan durante a infancia e a pre-adolescencia (10-11 anos).
Debemos ter moi presente que a infancia é a etapa da vida onde máis influenza temos na educación dos nenos, base que sustentará a súa personalidade, as súas maneiras de actuar nas relacións sociais, os estudos, a afectividade...
Sabemos que esta sociedade non nos facilita a tarefa de ser pais e nais. O traballo, as tarefas do fogar, as actividades extraescolares... non nos deixan moito tempo para dedicarnos os fillos. Por tdo isto o Servizo de Prevención de Drogodependencias en colaboración có CEIP Otero Pedrayo convocan ás familias dos alumnos e alumnas do centro educativo có fin de buscaremos respostas a esta dificil situación dende as seguintes temáticas:
· Prevención de drogodependencias na pre-adolescencia
4 de novembro
· Cuestións sobre educación, unha reflexión xeral.
11 de novembro
· Unha educación de hoxe para hoxe
· Novas tecnoloxías da comunicación
· Educación en igualdade
· Educación afectivo sexual
· Acoso escolar
· Abusos a menores
· Primeiros auxilios
|