adorno
» web oficial concello de Rábade
imagen cabecera
 
adorno
cuadritos Concello
cuadritos Servizos Sociais
cuadritos Emprego
cuadritos Rábade e ti
cuadritos Actualidade
cuadritos Novas
cuadritos Tablón Municipal
cuadritos Debate e Opinión
cuadritos Enlaces
 
No hay enquisa activa
 
cuadritos    Debate    cuadritos
PROPUESTAS PARA ARREGLAR EL PUEBLO
» Bueno, como en este foro de debate dicen que la ciudadanía no colaboramos en los temas relacionados con la seguridad, limpieza, urbanibilidad y desarrollo del pueblo, pienso que es importante abrir un debate para dar ideas de las posibles mejoras del pueblo. A colaborar! Para que después no digan que la culpa es del pueblo que no colabora! A ver si el alcalde lee todas nuestras propuestas y nos hace caso de una vez...
 
RSS
 
cuadrito ACTUALIDADE - Novas  
II CERTAMEN DE PINTURA RÁPIDA VILA DE RÁBADE (07/05/2009)
II CONCURSO DE PINTURA RÁPIDA

RÁBADE

31 de maio de 2009

BASES CONCURSO

1. Concurso aberto a tódolos/as artistas que desexen participar 

2. O concurso terá lugar ó domingo 31 de maio dende as 9:00h da mañá, ata as 17 h da tarde. 

3. A inscrición e selado das teas realizarase na Casa do Concello de Rábade, Praza 28 de maio s/nº dende as 9:00h ata as 10:00h. Selarase en branco ou preparadas cunha cor uniforme 

4. Só se admitirá unha obra por artista. O artista poderá escoller a modalidade e estilo de pintura que desexe 

5. TEMA: “Estampas de Rábade” 

6. Tódalas obras deberán levar un título. 

7. As obras terán unhas dimensións mínimas de 12 F.( 50x50cm) e máximas de 50 F.(150 x 150 cm) 

8. A entrega das obras será posible ata as 17:00 h no mesmo lugar onde se selaron ( na Casa do Concello) 

9. O xurado estará composto por personalidades relacionadas co mundo das artes e representantes do Concello, a súa decisión será inapelable. 

10. A partires das 17:00 h quedará aberta ó público no lugar da recepción, a exposición dos cadros realizados polos/as artistas participantes. 

11. A partires das 17:30 h e tra-la deliberación do Xurado, outorgaranse os premios do II concurso de Pintura Rápida no Salón de Plenos do Concello, que os gañadores deberán recoller persoalmente. 

12. As obras premiadas cos catro primeiros premios quedarán en propiedade dos patrocinadores; as obras premiadas con accesit quedarán en propiedade do autor. 

13. Dende o 1 ó 7 de xuño, tódalas obras premiadas, e as de aqueles/as artistas que o desexen, previa taxación do autor, será expostas no Concello.
14. As obras non premiadas deberán ser retiradas antes do 14 de xuño. De non cumprir este requisito, quedarán a dispor do Concello. 

15. Tódolos inscritos no concurso deberán presentar o cadro (finalizado ou non), no estado en que se atope no Concello. Se o cadro non fora entregado, agás causa xustificada, sería vetada a súa presenza para o vindeiro ano. 

16. A organización non se responsabiliza das perdas ou danos que puideran sufrir as obras. 

17. A organización reservase o dereito de alterar ou decidir en calquera caso, todo aquel aspecto non previsto nestas bases. 

18. A participación neste concurso implica a aceptación total das presentes bases. 


PREMIOS

1º premio: Concello de Rábade *1200 €
2º premio: Concello de Rábade * 800 €
3º premio: Asador Coto Real 500 €
4º premio. Floristerías Luis Iglesias 400 €
Tres accesit de 60 Euros cada un. As obras premiadas con accesit quedarán en propiedade do autor.


*Cantidade á que se lle aplicará a retención que estipule o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas vixente no momento do outorgamento do premio.

Voltar
22
21
20
19
18
23
 
Este web pertence ao anel solidario voluntariadogalego.org
concello de rabade
adorno