CURSO DE CONDUCCIÓN PREVENTIVA (23/04/2009)
Os accidentes de tráfico constitúen unha das principais causas de morbilidade e mortalidade nos países desenvolvidos, sendo a maior parte destes accidentes evitables, é dicir, prevenibles. O certo é que non existe unha única solución para reducilos, xa que estamos a falar dunha problemática multicausal socialmente arraigada na que a presenza de drogas ten bastante que ver, de feito o 51% da xuventude recoñecen ter conducido nalgún momento baixo os efectos do alcohol ou outras drogas.
Esta actividade, organizada dende o Servizo de Prevención de Drogodependencias, diríxese á poboación con carné de conducir dos Concellos de Outeiro de Rei, Begonte e Rábade, dotando de especial relevancia a presenza de mozos e mozas sen gran experiencia na condución, co obxectivo último de reducir, na medida do posible, o número de accidentes de tráfico evitables mediante a denominada “condución preventiva”.
O grupo de profesionais da Autoescola San Martín de A Coruña, levará a cabo unha actividade destinada aos conductores dos tres concellos. Esta xornada constará dunha parte práctica na que ofrecerán unhas pautas de actuación para situacións de condución de risco có fin de diminuila perigosidade e/ou os efectos desta. Unha segunda parte será teórica na que predominarán contidos relacionados coa sensibilización ante as conductas de risco asumidas ó volante e a prevención da siniestralidade que implica o consumo de drogas na condución.
A “Xornada de Condución Preventiva en situacións perigosas” estará formada por 2 grupos (prazas limitadas):
1º GRUPO: de 9:00 a 13:45 horas
2º GRUPO: de 10:25 a 15:15 horas
As inscricións poderán realizarse chamando ó Servizo de Prevención de Drogas ó teléfono 982.390.062, deixando os datos persoais. A actividade é totalmente gratuíta.
|