III MEMORIAL EDUARDO FERNANDEZ VILLAMARIN NEGRIN
EDUARDO FERNÁNDEZ VILLAMARÍN
Naceu en 1936. Iniciouse no atletismo con carreira de cross.
Faleceu o 7 de maio de 2003 na súa vila natal de Rábade.
Toda a súa carreira deportiva, estivo vinculada ó San Fernando de Lugo. Foi un dos fundadores da Sociedade Atlética Rabadense.
En 1957.Campión provincial na categoría rural.
Campión provincial absoluto de campo a través, nos anos 1962, 1964 e 1965 en Lugo.
En 1967. Vencedor novamente do provincial de cross, e do trofeo “José Antonio Elola” na vila de Rábade
En 1959. O “ I Campionato de España de Segunda Categoría” celebrado en Madrid, nas pistas da cidade universitaria, o atleta de Rábade, deu ó deporte lucense unha gran alegría ó reflectir un crono de 9 mi 37 sg nos 3000 metros obstáculos, sendo en aquel ano 1959, a quinta mellor marca nacional absoluta do ano.
No Campionato Nacional de Clubs de Segunda Categoría, celebrados en Madrid, os días 1 e 2 de setembro de 1962, triunfou por equipos o San Fernando de Lugo.
Gran xesta de Eduardo Fernández, onde gañou os 3000 metros obstáculos, e foi segundo nos 10.000 metros lisos.
Sorprendente, por inesperada, foi a victoria do San Fernando de Lugo ascendendo a 1ª división.
REGULAMENTO
Art. 1.- A saída será no Campo da Feira ás 16:00 h para os rapaces e as 17:00 h para a clasificación absoluta e a chegada situarase na Praza de España (clasificación absoluta).
Art. 2.- O recorrido será de 5 Quilómetros e discurrirá a través das seguintes rúas: Campo da Feira, Músico Crisanto, Bautista Núñez Varela, Polígono, Cantalarrana, Avenida Galicia, Rosalía de Castro, Rúa da Ferrocarril, Breogán, Avda. Galicia, Doutor Fleming, Praza de España, Alcalde Angel Penas, Lope de Vega, Miguel de Cervantes, Jesús Arias, Santa María, Gabriela Nieto e Praza de España.
Art.3.- A clasificación será absoluta masculina, absoluta feminina e por categorías.
Art.4.- Está prohibido o uso de vehículos de axuda.
Art.5.-O participante que ó longo do recorrido cometa algunha irregularidade ou chegue á meta sen o seu dorsal será descalificado.
Art.6.- As inscrición formalizaranse a partir do 2 de xaneiro , de 10 a 14 horas no Concello, teléfono 982-390062, fax 982 390411 ou en asociocultural@rabade.org, e pecharase media hora antes da carreira.
Art.7.- Establécense as seguintes categorías:
CARREIRAS DE RAPACES:
CATEGORÍA A: 95-96-97-98 (Primeira carreira)
CATEGORÍA B: 90-91-92-93-94 ( Segunda carreira)
HOMES MULLERES
C) Nacidos entre 1976/ 1989 C) Nacidos entre 1976/ 1989
D) Nacidos entre 1966/ 1975 D) Nacidos entre 1966/ 1975
F) Nacidos no 1965 e anteriores F) Nacidos no 1965 e anteriores
Art.8.- PREMIOS.
CLASIFICACIÓN ABSOLUTA MASCULINA
1. 200 €
2. 125 €
3. 75
CLASIFICACIÓN ABSOLUTA FEMININA
1. 200 €
2. 125 €
3. 75 €
CLASIFICACIÓN CARREIRAS DE RAPACES
VALE de 30 € para o primeir@ de cada categoría a canxear no comercio de Rábade
Trofeo ós tres primeir@s clasificad@s de cada categoría
Haberá un agasallo para tódolos participantes
Art.9.- Dado o carácter popular da proba non se admitirán reclamacións
Art.10.-Haberá sevicio de Duchas para @s participantes que o desexen no I.E.S “Río Miño” ( sinalado no croquis)
Art.11.- A entrega de premios e trofeos realizarase ó remate da carreira.
Art.12.- A comisión organizadora non se fai responsable dos danos morais ou materiais que así mesmo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, nin dos que poidan recibir eles por parte de persoas ou cousas, sen perxurio dos dereitos que lles puideran corresponder ante a compañía aseguradora correspondente.
Art.13.- Tódolos participantes, polo feito de toma-la saída, aceptan o presente regulamento. No caso de dúbida prevalecerá sempre o criterio da organización.
|