Avance actividades culturais Nadal 2.005
CURSO DE ORNITOLOXÍA (aves acuáticas): Aproveitando a época de invernada das aves acuáticas para acercarnos ó seu mundo e coñecer un pouco máis estas aves que nos visitan tódolos anos. Haberá unha saída ó campo o segundo día de curso.
O curso realizarase os días 19 e 20 de novembro.
O prezo do curso é de 9 €.
CURSO DE MICOLOXÍA: Onde coñeceremos as setas máis comúns da zona, para distinguir entre comestibles e non comestibles; Para elo farase unha saída ó campo.
O curso realizarase os días 26 e 27 de novembro.
O prezo do curso é de 9 €.
TALLER DE INICIACIÓN Á ASTRONOMÍA: Proxectarase o ceo visible este día nunha pantalla para ver as constelacións, estrelas e planetas visibles e logo sempre que o tempo nos acompañe, sairase a velas in situ...
O taller realizarase os días 26 e 27 de novembro e o 17 e 18 de decembro.
( poderase elexir un fin de semana)
O prezo do taller é de 12 €.
Estes cursos organizados polo Concello coa colaboración da empresa Acibros de Rábade, terán lugar no Centro de Interpretación das Insuas, e os horarios serán os sábados de 16 a 20 horas e os domingos pola mañá de 10 a 13 horas, agás o de Astronomía que será de 19:30 a 22 horas.
E, seguindo coa programación navideña do Concello ,haberá as seguintes actividades:
TALLER NAVIDEÑO INFANTIL: Os nenos disfrutaran creando, moldeando e componiendo diferentes adornos, formas e composicións cheas de color e fantasía.
O taller realizarase os días 27, 29 de decembro e 3 ,5 de xaneiro no centro sociocultural de 11 a 12:30 horas
Actividade gratuita.
CINE: Proxección de películas para tódolos públicos os días 26, 27, 28 e 29 de decembro ás 17:00 h no centro sociocultural.
Actividade gratuita.
VISITA DE PAPA NOEL: Os días 22 e 23 de decembro visitará Papa Noël as rúas da vila e o día 24 ás 18:00 horas estará no centro sociocultural para recibir a todos aquel@s nen@s que o desexen, do que recibiran un agasallo.
Actividade gratuita.
Para poder asistir ás actividades deberán anotarse no Concello, en horario de 9 a 14 horas, agás no Cine e na visita de Papa Noël que non necesitan inscrición.
|