FAMILIA, INFANCIA E MOCIDADE
Dende o Concello trabállase nesta área utilizando recursos de tódalas administracións, e tamén con recursos propios.
AXUDAS Ó INICIO DE CURSO ESCOLAR.
PROGRAMA DE AXUDAS Ó INICIO DE CURSO FINANCIADO POLO CONCELLO DE RÁBADE
Queda aberto o prazo para solicitar axudas económicas en concepto de AXUDAS PARA O INICIO DE CURSO ESCOLAR para cubrir os gastos derivados da compra de libros de texto e material escolar, roupa, calzado, etc...
Os requisitos imprescindibles son estar empadroados no Concello de Rábade, e ter algún menor cursando ensino obrigatorio.
DOCUMENTACIÓN
-Libro de familia
-Declaración da Renda e no caso de non presentala certificado negativo de facenda.
-Nóminas, certificados de pensións, etc.. Calquera xustificante económico dende xaneiro a agosto deste ano 2005 de tódolos membros da unidade de convivencia.
-Declaración xurada de patrimonio.
-Recibo de alugamento de vivenda no seu caso
-Xustificante de estar pagando vivenda propia no seu caso.
NOTA: Non poderán solicitar subvención para os libros de texto os menores que cursen cursos nos que os libros de texto sexan gratuitos, pero sí poderán solicitar axuda para material escolar e calquer gasto relacionado co inicio do curso.
AS SOLICITUDES DEBEN PRESENTARSE DENTRO DO PRAZO ESTABLECIDO NO DEPARTAMENTO DE SERVICIOS SOCIAIS DO CONCELLO, DONDE TAMÉN PODERÁ OBTER MÁIS INFORMACIÓN.
IMPRESO AXUDAS INICIO CURSO ESCOLAR
ENLACE CO DEPARTAMENTO DE CULTURA (CULTURA E DEPORTE)
|