PROGRAMAS ESPECÍFICOS
Ó longo de 2005 e 2006 iniciase a posta en marcha de medidas concretas encamiñadas á prevención do consumo de drogas:
PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE DROGAS.
PROGRAMA DE ABANDONO DO CONSUMO DE TABACO.
PROGRAMA DE OCIO E TEMPO LIBRE PARA MAIORES.
Dende os departamentos de servicios sociais e cultura véñense desenvolvendo unha serie de actuacións dirixidas ás persoas xubiladas e pensionistas, co fin de promover a participación, e encher un espacio de ocio e tempo libre dentro do municipio. Temos tres actuacións concretas:
Espectáculos culturais: Cada ano realizamos varios viaxes a distintas cidades (Coruña, Santiago...), para asistir a concertos de música, operas ou zarzuelas. Estas viaxes van dirixidas a toda a poboación ainda que teñen preferencia os xubilados e pensionistas. Para acudir a estas actuacións unicamente deben anotarse no Concello no prazo establecido.
-22 de marzo de 2006: Ópera Aída no pazo da Ópera da Coruña.
Xuntanza anual de xubilados e pensionistas.
Tódolos anos na primavera celébrase unha xuntanza de xubilados e pensionistas que consiste na celebración dunha misa e posteriormente unha comida de confraternidade. Este é un encontro que permite que persoas maiores dun mesmo municipio se reunan para compartir experiencias, anécdotas, recordos e proxectos.
No ano 2006 a data da xuntanza será o 23 de abril. Todos os que o desexen deben retirar a invitación no Concello.
Talleres
“Taller de memoria”
Dende o mes de novembro ata abril desenrolase o “Taller de Memoria”, que ainda que vai dirixido a toda a poboación, ten unha afluencia maioritaria de xubilados. Para anotarse neste taller hai un prazo previo ó comezo do mesmo, ó longo do mes de outubro.
“Taller de relaxación e sono”
“Taller de animación á lectura”
Todos estes talleres poden variar dun ano a outro co fin de ofertar unha variedade que se axeite a demanda da poboación.
|