¿QUE É?
A Axencia Local de Emprego de Rábade é un departamento/servizo público do Excmo. Concello. Foi creado pola Corporación Municipal en colaboración e cofinanciado coa antiga Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, na actualidade Consellería de Traballo.
Esta axencia está en funcionamento desde o 29 de decembro de 1999, coa vontade e compromiso de "proporciona-las condicións axeitadas para a dinamización e a potenciación do desenvolvemento socioeconómico, así como o fomento do emprego no municipio". Para desenvolver estas tarefa conta cos servizos dunha técnica que xestiona directamente os temas relativos á promoción económica e fomento do emprego na localidade.
A Axencia Local de Emprego está situada nas dependencias municipais. O horario de atención ó público é de 9 a 14 horas, de luns a venres.
Obxectivo principal
Ofrecerlles gratuitamente servizos ás empresas, fomentando e apoiando novas iniciativas empresariais.
Quen pode ser usuario da A.L.E.?
Empresarios/as en xeral (comerciantes, hostaleiros, industriais, etc.).
Colectivos empresariais
Emprendedores/as.
Desempregados/as.
Estudantes
Calquera persoa en xeral que estea interesada e resida en Rábade e/ou que desenvolvan ou vaia desenvolver unha actividade no municipio.
Servizos que ofrece
ÁREA DE PROMOCIÓN ECONÓMICA:
Promoción e potenciación de empresas en Rábade.
Orientación sobre os trámites para a posta en marcha de empresas e acompañamento técnico.
Elaboración de proxectos de viabilidade.
Información e tramitación de axudas e subvencións (para a creación de empresas, inversións, contratación de traballadores, etc.).
Dinamización do tecido comercial, industrial e de servizos locais.
ÁREA DE FORMACIÓN EMPRESARIAL:
Xestión e promoción de cursos de formación continua (para empresarios e traballadores: Xestión da Empresa Comercial, Informática de Xestión, etc.).
Organización de charlas informativas sobre temas de interese empresarial.
ÁREA DE FOMENTO DO EMPREGO:
Orientación para a inserción socio-laboral: asesoramento personalizado para a busca activa de emprego.
Formación: organización e información sobre actividades formativas (cursos de formación ocupacional, charlas informativas).
Fomento de iniciativas locais de emprego.
Promoción do autoemprego e da economía social.
Bolsa de traballo local: Xestión de demandas e ofertas de emprego.
ÁREA DE XESTIÓN DE PROXECTOS:
Captación de fondos públicos (subvencións e axudas) para a realización de inversións en Rábade (infraestruturas, equipamentos, servizos, actividades, etc.).
|